PRAZO INSCRICIÓN FINALIZADO
TALLER CON PISANDO OVOS PARA A SELECCIÓN DUN NOVO/A INTÉRPRETE PARA DIRECTO 9, próxima peza da compañía en coprodución coa AGADIC
DIRECTO 9 estará formado por 2 bailaríns/nas e un DJ. Buscamos alguén cun selo corporal persoal que se sume ao equipo formado por Fran Martínez, Jas Processor, Janet Novás, Afonso Castro, Manu Lago, Miramemira e Rut Balbís.
Os ensaios serán entre xullo e setembro (estrea) 2018.
O taller terá lugar o día 9 de maio de 09.00 h a 16.00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Se estás interesada/o envía antes do día 5 de maio a seguinte información:
·Nome e apelidos
·Nacionalidade
·DNI
·email e teléfono
·Curriculum
·Carta de motivación
·Fotos/Videos/links de traballos
Para envío de inscricións e/ou resolución de dúbidas pisandoovos@gmail.com
Creación e dirección
Rut Balbís
Axudante dirección
Janet Novás
Intepretación
Fran Martínez
Jas Processor
Un terceir@ intérprete seleccionad@ mediante proba de selección
Deseño de iluminación
Afonso Castro
Deseño espazo sonoro e deseño gráfico
Jas Processor
Produción e distribución
Manu Lago
Vídeo
Miramemira
Colaboran
Teatro Ensalle de Vigo
Centro Dramático Galego
Galicia Danza Contemporánea
Coproduce
Centro Coreográfico Galego - AGADIC - Xunta de Galicia
Directo 9 é un espectáculo seleccionado para coprodución co Centro Coreográfico Galego no 2018.
Directo 9 será estrenado en outubro de 2018 no Teatro Ensalle de Vigo.
DIRECTO 9
Unha peza sobre o directo, un concerto onde os corpos son os protagonistas, e non só os corpos dos bailaríns.
Directo 9, a novena peza de Pisando Ovos e primeira na que Rut Balbís non forma parte do elenco: un proxecto para un Dj e dous bailaríns. Directo 9 ten como eixo principal o concepto de concerto/reunión. Directo 9 ten como base a construción escénica do espazo e o son en directo, no momento presente. Directo 9 busca crear unha peza onde o corpo amose todo o seu potencial. Directo 9 crea un lugar de encontro sen barreiras entre o intérprete-artista e o espectador. Directo 9 invita a todxs xs asistentes a compartir ese salto ou vibración ou movemento conxunto que nos fai tolear nos concertos de masas.