![]() Replay |
---|
REPLAY
É o novo proxecto da compañía Pisando Ovos para a celebración do seu 15 aniversario.
Replay son unha serie de encontros coreográficos de Rut Balbís con artistas emerxentes da danza de Galicia nos que convive a danza e a música electrónica co Dj Jas Processor.
Máis ca nunca, hoxe é necesaria a colaboración entre artistas e compañías en Galicia. Por suposto para poder retroalimentarnos e nutrirnos dos universos artísticos doutras creadoras, pero sobre todo para xerar novas posibilidades laborais e formas alternativas de achegar as nosas propostas ao público.

REPLAY #1
Neste primeiro Replay convidouse á bailarina e coreógrafa Alba Fernández Cotelo da Cía Exire, premio Sólodos En Danza Ourense 2017, a formar parte do proxecto.

Reaplay, Reapeat.
Volvemos a pulsar ON no GIVE IT A SPIN con máis ilusión e forza ca nunca tras un momento histórico inédito. Unha repetición onde retomar a acción e o pulso seguindo a estela do vinilo. Mentres, o cruce dos corpos e o intercambio en conversa do movemento e da música consiguen que Replay lle dea unha volta máis ao espectáculo GIVE it a spin de Pisando Ovos coa colaboracion especial de Alba Fernández Cotelo · Cía Exire e a súa peza ON, transformándose nunha acción performática co peche dunha sesión do DJ Jas Processor.
Creación: Jas Processor, Rut Balbís e Alba Fdez. Cotelo
Intérpretes: Alba Fdez Cotelo e Jas Processor
Duración: 25 minutos + 25 minutos sesión DJ
Produción e distribución: Manu Lago · Galicia Danza
Contemporánea
Vídeo: Ángel Sousa
Fotografía: Festival USCénica
Colabora: Laboratorio Escénico Coop. A Coruña
Replay estrénase no Festival USCénica de Santiago de Compostela o 3 de xullo de 2020.
O 22 de xullo preséntase en Pontevedra na xornada Artes Vivas 2020.
COLABORA EN PRODUCIÓN

COLABORAN EN XIRA