top of page

N8OHX

Idea, creación e interpretación: David Loira e Rut Balbis

Iluminación: Afonso Castro

Música: Craig Amstrong, Massive Attack

Fotografía: Teresa Babío e Manu Lago

Vídeo: Teresa de la Hera

 

N8 0HX é un espectáculo de danza contemporánea para todos os públicos. A distancia. Esta peza conta como as distancias se interpoñen entre as relacións humanas e as condicionan. Dous bailaríns comparten un mesmo espazo que muda de dimensións e, do mesmo xeito,  as distancias entre eles van cambiando.

Dous tumbados no verde co azul enriba desexando que o silenzo faga o seu, mudar a pel en terra e a terra en pel. Respirando ocorre, é como caer no ceo. 

Espectáculo estrenado en maio 2005 no Festival Isto Ferve do Teatro Ensalle de Vigo. 50 minutos.

 

 

NO INTRE 1800

Idea, creación e interpretación: Rut Balbís e David Loira.

Iluminación: Afonso Castro.

Música: Ryuichi Sakamoto, Violet vision, Craig Armstrong

Vestiario e espazo escénico: Pisando Ovos

 

Inchaurras, volcán, acróbatas en Xapón, despedida, moito amor, estou mal durmes comigo?, ti o 24 eu o 25, sen costuras, un ferro ben grande, unhas freguiñas?, non veñas, o día da froita, ainda que sexa sen pernas, sen esforzo, en busca de landras, os avós, en pé de pedra, a miña volta ao teatro, falar por teléfono cun dragón, cando non se fai de noite, o home botella, esperando sen entender nada… Esta peza nace grazas a aqueles pequenos instantes que dan corda á nosa vida, pero tamén á búsqueda en si, á espera, á compaña e á suma de dous instantes. É o noso instante. BOOM !! Aquí estamos.. Deixádenos só bailar o tempo que é noso, o que nos toca… Só un instante… 

 

Peza de sala estrenada no Teatro Ensalle de Vigo o8 de decembro de 2006. 50 minutos

Versión de rúa estrenada no Festival Internacional de danza para paseantes En Pé de Pedra, xullo 2006, Santiago de Compostela. 20 minutos.

 

 

30.000

Creación: David Loira, Rut Balbis e Damián Muñoz

Intérpretes: Erick Jiménez e Rut Balbis

Iluminación: Afonso Castro

Espazo escénico: Damián Muñoz

Vestiario: Pisando Ovos

Música: Collage 

Deseño Gráfico: Julia Nuñez

Produción: Pisando Ovos - Centro Coreográfico Galego

Colaboran: Teatro Ensalle, Teatro Galán, Concello de Oleiros

 

E ti, que farías con 30.000 euros? Nós intentamos que nos cambiara o menos posible. Este espectáculo invita a unha reflexión sobre o papel dos cartos na sociedade actual e das relacións entre este e as persoas.

 

Peza de sala estrenada no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 2 de Xuño de 2007. 55 minutos.

 

 

MENOS 1

Creación e interpretación: Rut Balbis

Axuda en dirección Marina Carón 

Iluminación: Afonso Castro

Produce: Pisando Ovos

Colabora: Teatro Ensalle 

 

A resta de dous dame un 1. Porque falo do que me pasa, porque falo do que sinto, porque vivo un momento de soedade, e nunha sociedade de individualidade. Un mundo no que os lados opostos non están tan separados, no que o cambio dun estado a outro ocorre de forma continua, onde a risa convírtese nalgo triste e a caída nun momento elegante.  Traballo no que se confunden as imaxes, onde as formas mudan no que non son, un momento para rir e sentir, un novo momento que sumar. 

Proposta que se convirte nun mundo novo cheo de posibilidades que intentarei disfrutar. 

Peza de sala estrenada no Teatro Ensalle de Vigo o 3 de outubro de 2008. 50 minutos.

 

 

TRES

Creación e interpretación: Andrea Quintana, Janet Novás e Rut Balbis

Dirección: Rut Balbis

Axuda de Dirección: Afonso Castro

Deseño espazo escénico e iluminación: Afonso Castro

Espazo sonoro: Soyuz

Deseño e comunicación: miramemira

 

TRES ensínanos os encontros e desencontros de tres mulleres condicionadas pola súa sexualidade e as súas experiencias persoais sobre ela. Encontros que se definen entre o individual e o común, a fantasía e as obsesións, o mimetismo dos corpos, e todo isto nun mundo novo no que se poden redescubrir, a elas mesmas. A peza é unha exploración das posibilidades e límites do corpo a través da combinación de diferentes disciplinas coas que tratan de encontrar novos e persoais rexistros que van desde os movementos máis radicais aos máis minimalistas.

 

Peza de sala estrenada no Pazo da Cultura de Narón o 31 de outubro de 2009. 60 minutos.

 

 

PEZA 7

Creación e interpretación: Rut Balbís

Iluminación: Afonso Castro

Colaboran : Normal, Manu Lago

Produce : Pisando Ovos

 

“Encontro directo coa memoria do meu corpo que me devolve aos estados físicos e aos recordos que agora forman parte do presente e constrúen Peza 7”

Estrenado no Festival SeisCordas doTeatro Ensalle de Vigo o 28 de novembro de 2014. 20 minutos.

+ info

QUE VOLVAN AS FLORES

Creación e interpretación: Rut Balbis

Axuda en dirección: Janet Novás

Espazo lumínico: Afonso Castro

Técnico de luz en escena: Afonso Castro/ Fili

Colaboran: NORMAL, Coreógrafos en Comunidad, miramemira, Santos Salgado, Leo López e Manu Lago.

Unha práctica onde crear imaxes no momento. Unha peza que se reconstrúe cada vez que se fai.

Partindo do concepto do desapego ás accións e baixo a rutina do “refacer”, enfrentámonos en cada exposición da peza a un momento diferente do que queremos facer partícipe ao público. Por isto, moitas das prácticas durante o periodo de creación foron abertas. A propia peza fala sobre o proceso de creación, construíndose ao mesmo tempo que se representa.

En Que volvan as flores son 25 cadeiras as que dan volume ás imaxes que se van construíndo e deconstruíndo invitando ao espectador a encher coa súa mirada os ocos baleiros.

Unha peza aberta e viva que se irá transformando a medida que pase o tempo.

 

Espectáculo estrenado o 26 e 27 de maio de 2014 no Teatro Ensalle de Vigo.

+ info

bottom of page