Pisando Ovos finaliza o seu programa de reactivación de Directo 9 en Narón con varias actividades polo Día Internacional da Danza

 

Pisando Ovos en colaboración co Padroado da Cultura de Narón recibiu o pasado ano unha axuda ao impulso do sector escénico por AGADIC para a reactivación das súas producións a consecuencia da crise da Covid-19. A primeira fase realizouse o pasado outubro e novembro do 2020 cos ensaios da súa última produción, Directo 9 e obradoiros de movemento. 

                                                       

A segunda fase do proxecto terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril, semana adicada á celebración do Día Internacional da Danza 2021. Durante estos días volven retomar a última peza Directo 9 coas seguintes actividades

-Ensaios do proceso creativo de Directo 9 de Pisando Ovos no Pazo da Cultura de Narón os días 27, 28 e 29 de abril.

-Obradoiros de movemento sobre a peza na Escola de Teatro de Narón o día 28 de abril de 19h a 22h..

O obradoiro de movemento sobre o proceso de DIRECTO 9 quere ofrecer unha experiencia inmersiva colectiva sobre a propia peza, que leva ós corpos a través do rebote ó encontro cos límites físicos e ó desgaste, para dar paso a un contacto íntimo e persoal do noso propio corpo. 

 

Unha sesión guiada por Rut Balbis, directora da compañía, a través de temas musicais electrónicos que nos conduciran por unha viaxe física dunha hora ininterrompida onde pasar por diferentes estados e lugares.

 

 

-Programación especial DID o día 29 de abril na Praza de Galicia* de Narón ás 18:30h. Acceso gratuito

(*Se chove trasládase a actividade ao Auditorio Municipal de Narón):

               

· META de CRISTINA MONTERO

Regresar, tocar, percibir, e ……. Improvisación performativa. 

O espazo sitúame e me conecta coas sensacións. Percibo, e deixo que habiten o meu corpo.

                 

Creación e interpretación: Cristina Montero

Duración: 10 minutos

· SET de PAULA QUINTAS · TRASPEDIANTE

SET é unha peza multidisciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan un espazo compartido. Novos comportamentos e cinética social onde a protección é  invisible como mediador da distancia social. A través da tecnoloxía e os límites sociais SET propón un xogo interactivo sen contacto. Playing experience! #Playingexperience #Playinglimits.

 

Dirección: Rut Balbís​

Creación: Rut Balbís e Paula Quintas​

Intérpretes: Paula Quintas e Nacho Muñoz​

Música orixinal: Nacho Muñoz​

Vestiario: Fany Bello

Duración: 20 minutos

· LE BRUIT de MASA MADRE

Oes ese ruído?

ruído circular

que fomos e seremos 

unha e outra vez

 

Movemento: Cristina Romero Cortazar

Voz: Paula Pintos

 

Duración: 10 minutos

 

 

· DIRECTO 9 de PISANDO OVOS

É a nova proposta de Pisando Ovos dirixida cara as novas linguaxes escénicas, en clave de creación contemporánea, na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade actual, e que convida a todas as asistentes a vibrar conxuntamente.

 

A creación da compañía regresa a un dos puntos máis importantes do seu traballo: a entrega total dos corpos desde as accións e movementos cotiás, nesta ocasión desde o rebote e o salto. Esta investigación coreográfica xira arredor da crudeza dos estados físicos extremos que transitan cara unha composición poética por medio dos restos de movemento e as esencias persoais que aparecen nos bailaríns.

 

O diálogo artista/masas, DJ/corpos, música/movemento, intégrase nun ambiente nocturno ou de concerto  por medio da proposta lumínica e a forte aposta pola música en directo.

Para a creadora a estrea deste espectáculo forma parte da triloxía composta por Que volvan as flores (2014), Give it a spin (2015) e Directo 9 (2018), xirando arredor da música electrónica e o desgaste físico dos corpos en directo.

 

Os corpos que asisten ao concerto DIRECTO 9 viven unha experiencia grupal en directo. Como si dos corpos dunhas atletas se tratara, levan os corpos ó encontro cos límites físicos, co desgaste e o cansanzo extremo.

A reunión é guiada pola música do DJ que encamiña ás masas nun proceso ritual cara á mimese dun salto común, cara o descontrol e a entrega total.

Unha vez superado o clímax do concerto, o íntimo e persoal contacta cos corpos baleiros, facéndoos máis fráxiles, máis transparentes.

Na dureza da paisaxe que se deixa ver xermola a beleza da humanidade.

 

Creación e dirección: Rut Balbís 

Axuda en dirección: Janet Novas 

Creación e intepretación: Fran Martínez, Jas Processor, Raúl Pulido e Paula Quintas 

Deseño de iluminación: Afonso Castro 

Deseño espazo sonoro e deseño gráfico: Jas Processor

 

Duración: 40 minutos

SET PHOTO 3.jpg
Cía MASAMADRE_Le bruit.jpg
20210419_103247.jpg

Actividades realizadas no 2020

·Residencia de reactivación do espectáculo Directo 9 de Pisando Ovos.

·Obradoiros de movemento con Raúl Pulido na Escola Municipal de Teatro de Narón.

Captura de pantalla 2021-04-23 a las 9.0